CRTVG

Buscar

Florece o nenúfar xigante da Fundación Sales de Vigo, o único exemplar que hai en España

Publicado o 28/06/2019 08:31

Un ano máis, e xa van cinco, floreceu na Fundación Sales de Vigo o único exemplar de nenúfar xigante que pode verse en España. Unha beleza realmente efémera, xa que a flor morre aos dous días, logo de cambiar de sexo.

A xoia máis prezada da Fundación Sales xa floreceu, desta vez antes do que acostuma, que adoita ser a mediados de xullo. É o nenúfar xigante Victoria Cruziana, que está considerada coma unha das dez plantas máis raras do mundo. Só tres xardíns botánicos do planeta teñen este exemplar, e en Vigo están orgullosos do éxito acadado este ano, porque eles mesmos a polinizaron. A flor máis esperada do ano ten un ciclo de vida moi curto, de apenas dous días.

Unha beleza efémera, pero de crecemento moi rápido e de moita floración. Cando unha flor morre, aos dous días florece outra, e así ata os mes de outubro ou novembro.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/06/2019