CRTVG

Buscar

Flora Miranda renuncia á súa acta de deputada tras a escisión do grupo

Publicado o 20/06/2019 20:12
Flora Miranda renuncia á súa acta de deputada tras a escisión do grupo

A deputada de En Marea Flora Miranda Pena renunciou este xoves á súa acta despois de que o portavoz do grupo, Luís Villares, e outros tres parlamentarios anunciasen que abandonaban o grupo e pasábanse ao mixto.

A deputada de En Marea pola Coruña -inscrita en Compostela Aberta- tomou posesión en setembro de 2018 do seu escano substituíndo a Magdalena Barahona. Tras ela, segundo as listas electorais das eleccións autonómicas de 2016, a acta correspóndelle a Xan Xove, de Marea Atlántica, pero afincado en Barcelona, polo que podería renunciar á acta polas súas obrigacións profesionais. Entón, correría a lista e entraría Mariló Candedo na Cámara autonómica, precisamente a persoa que a dirección de En Marea propuxera como candidata a senadora por designación autonómica e que, por tanto, é afín aos parlamentarios que este xoves acaban de comunicar que pasan ao grupo mixto.

Nunha mensaxe na rede social Facebook, Miranda xustifica a súa marcha en que a ruptura do grupo supón a "quebra dun proxecto político polo que aposto e no que estaba disposta a traballar", pero que non funcionou. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/06/2019