Flor Maceiras, premio de Honra nos María Casares, polo seu traballo co teatro desde a base
Apostar polo teatro desde a base. Iso leva facendo Flor Maceiras toda a súa vida profesional. Aquí, na Escola de Teatro de Narón recibe a nova do María Casares de honra mentres imparte clase. Actriz e directora, a súa ampla carreira profesional iníciase nos anos 80 con Manuel Lourenzo en Elsinor Teatro.
Nos anos noventa chegarían montaxes como Casa de bonecas con Teatro do Atlántico, Vapores, con espello Cóncavo, ou Estación Mahagonny, con Teatro do Noroeste, e as tres candidaturas aos María casares coas que conta por obras como Bailando en verán, As Troianas e Ministros pola cara.
Din desde a Asociación de Actores e Actrices de Galicia que percorrer a traxectoria de Flor Maceiras é facelo coa historia do teatro profesional en Galicia. Pero para ela, a historia do teatro está tamén na súa aula.