CRTVG

Buscar

Fixo da arte a súa vida: un veciño de Cartelle monta unha galería con obras propias nun antigo supermercado

Publicado o 31/05/2021 21:33

José Domínguez leva toda unha vida pintando. Comezou dende ben cativo na súa aldea en Cartelle, pero tamén o seguiu facendo cando emigrou a Venezuela e o Reino Unido.

Alí colleu o seu nome artístico, pero cando máis prolífico foi, foi neste ano. Coa pandemia e o confinamento chegou a pintar ata 30 cadros, moitos de grande formato.

Aos seus 85 anos, Joe -como se chama artisticamente- pintou máis cadros ca nunca: preto de 30 cadros. Montou unha galería de arte improvisada no supermercado no que traballou durante 37 anos.

Noticias web

31/05/2021