CRTVG

Buscar

Fisterra acadou a temperatura mínima máis alta de toda España

Publicado o 29/03/2021 14:58

Galicia inaugurou a Semana Santa con días solleiros e calorosos. De feito, Fisterra foi a localidade que rexistrou a temperatura mínima máis alta de España esta madrugada.

Sorprendidos quedaron esta noite na zona cando comprobaron que o termómetro marcaba máis de 20 graos ás cinco da mañá, algo totalmente inusual nesta época. 

As altas temperaturas e o sol van continuar, non só neste concello, senón en toda Galicia polo menos ata o mércores.

Noticias web

29/03/2021