CRTVG

Buscar

Telexornal Serán FDS

Fisioterapia para as alteracións temporomandibulares

Publicado o 26/02/2017 21:20

Os fisioterapeutas galegos presentan as áreas de intervención menos coñecidas da fisioterapia nunha campaña audiovisual que recolle 12 recomendacións de saúde, unha por cada mes do ano. Un dos videoconsellos céntrase nas lesións da articulación da madíbula, que poden causar trastornos de deglución ou da fala e dores asociados á cabeza e aos oídos.

A articulación temporomandibular é unha engrenaxe fundamental para o funcionamento da mandíbula. Permítenos mastigar, tragar, falar e bocexar.

Unha alteración da articulación temporomandibular pode causar dores de cabeza, de pescozo ou de oídos. Tamén pode estar relacionada con síntomas coma a vertixe, os problemas de equilibrio ou os acúfenos. O tratamento desta patoloxía debe ser multidisciplinar e incluír a fisioterapia.

Son cuestións que o Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia detalla neste vídeo, incluído na campaña "12 meses, 12 consellos de saúde".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí