CRTVG

Buscar

A Fiscalía denuncia a Vox e pide retirar o seu cartel para protexer os menores

Publicado o 22/04/2021 17:11
A Fiscalía denuncia a Vox e pide retirar o seu cartel para protexer os menores

A Fiscalía de Madrid presentou unha denuncia contra Vox ante un xulgado de Madrid por delito de odio en relación co seu cartel electoral sobre menores estranxeiros inmigrantes, en que lle reclama que "no prazo máis breve posible" decrete a súa retirada para protexer os menores.

Segundo informou o Ministerio Fiscal nun comunicado este xoves, a denuncia presentouse perante o Xulgado de Instrución 53 de Madrid por un posible delito de odio nese cartel, no cal se recrimina que os menores estranxeiros inmigrantes cobren unha paga maior que os xubilados españois.

A Fiscalía cre que nel "se traslada non só o suposto importe económico que custa o mantemento dun menor estranxeiro non acompañado enfrontado ao dun pensionista, cuestionándose así o seu carácter ético e legal, senón tamén unha imaxe física prexuizosa do menor como persoa estranxeira, violenta e delincuencial".