CRTVG

Buscar

Férese ao caer dun tellado a tres metros de altura

Publicado o 23/09/2019 15:02

O ferido, un home de 66 anos, veciño da parroquia estradense de Rubín, estaba facendo unha reparación no tellado dun alpendre cando caeu desde uns tres metros de altura.

Familiares seus foron os que chamaron o 112 pouco antes das sete e media da tarde do domingo. Activáronse medios do servizo de emerxencias da Estrada e do 061, que decidiu desprazar ata o lugar ao helicóptero de urxencias sanitarias con base en Santiago.

O ferido estaba consciente e, unha vez que valoraron as mancaduras, trasladárono en ambulancia ao Hospital Clínico de Santiago, onde lle deron a alta pola noite. Recupérase na casa de varias fracturas nas costelas e na clavícula.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/09/2019