CRTVG

Buscar

A cara oculta das illas Cíes, en viaxes con guías fóra da temporada de verán

Publicado o 24/03/2019 20:39

Nas fins de semana de primavera é posible descubrir a cara oculta das Cíes. Outro xeito de ver a fauna e a flora do arquipélago.

Achegámonos á illa sur das Cíes, tamén denominada San Martiño. Só os privilexiados gozan destas vistas porque os barcos de pasaxe non adoitan achegarse tanto. É un dos luxos das viaxes fóra de tempada.

Praias baleiras, sensación de soidade e de atoparse nunha paisaxe única sen aglomeracións son as vantaxes destas viaxes que ofrecen catro rutas guiadas ata lugares como este espectacular alto do Príncipe, o monte do Faro ou a furna de Monteagudo. A contemplación das aves e da flora é tamén máis doada.

Os visitantes quedan abraiados coa beleza das illas. A desestacionalización das viaxes comezou de xeito tímido, pero está acadando tanto éxito que xa se estende a sábados festivos e domingos solleiros con entre duascentas e trescentas visitas diarias. Desde outubro foron ás illas máis de dous mil trescentos pasaxeiros, que puideron gozar das illas dun xeito case privado.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/03/2019