CRTVG

Buscar

Sanidade vai financiar o tratamento da fibrose quística desde o 1 de novembro

Publicado o 23/10/2019 10:51

O Ministerio de Sanidade financiará a partir do próximo 1 de novembro dous fármacos que frean a deterioración na fibroses quística. O financiamento xa foi aprobado na Comisión Interministerial de Prezos dos Medicamentos (CIPM).

Así llo transmitiu a ministra de Sanidade, María Luisa Carcedo, aos representantes da Federación de Fibrose Quística e da Organización de Pacientes de Fibroses Quística, con quen se reuniu esta tarde e a quen comunicou este acordo co laboratorio tras anos de negociacións.

Os doentes levan desde hai catro anos mobilizándose para protestar pola situación de bloqueo que sufriu o financiamento dos dous medicamentos que poden frear o deterioro desta enfermidade dexenerativa en determinadas mutacións.

Estímase que 554 doentes son susceptibles de recibir este tratamento en España: 441 adultos e 113 nenos.

O presidente da Asociación Galega de afectados pola fibrose quística, Juan Antonio da Silva, explica o que supón para os afectados o financiamento do medicamento, depois de catro anos de espera e reclamacións.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/10/2019