CRTVG

Buscar

Finalizou, entre largas ringleiras, o prazo para cambiar pesetas por euros

Publicado o 30/06/2021 14:14
Finalizou, entre largas ringleiras, o prazo para cambiar pesetas por euros

Aglomeracións de xente para cambiar as súas pesetas antes de que rematase o prazo. Despois do que foi, din, unha semana de tolos, desde as dúas da tarde xa non é posible facer o cambio por euros. Só o luns chegaron a cambiar 30 millóns de pesetas en moedas e billetes.

Malia que hai 18 anos que entrou en vigor o euro, os españois conservaban en maio 263 millóns de pesetas. Así que alguén non se achegou neste tempo á sede central do Banco de España ou a algunha das súas 15 sucursais, unha delas na Coruña, agora quedarán nas súas mans como pezas de coleccionismo.

 

Noticias web

30/06/2021