CRTVG

Buscar

Rexístranse 54 vítimas mortais nas estradas en Nadal

Publicado o 06/01/2020 20:05

Os dous falecidos no accidente de Cerceda incrementarán o balance de vítimas mortais este Nadal nas estradas galegas. 

O dispositivo especial da Dirección Xeral de Tráfico para este Nadal finaliza esta medianoite. Comezou o pasado venres 20 de decembro ás tres da tarde, e desde esa data ata hoxe a DXT leva contabilizadas 54 vítimas mortais en 48 accidentes en toda España, incluído o último sinistro sucedido a pasada noite en Cerceda en que faleceron dous mozos.

Desde o inicio deste operativo Tráfico calcula que durante todo o Nadal houbo 19,8 millóns de desprazamentos polas estradas españolas, en concreto foron 2 millóns nas estradas galegas.

 

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/01/2020