CRTVG

Buscar

Finaliza a liga de debate académico do Club Debate Compostela da USC

Publicado o 13/11/2019 20:48

O Club Debate Compostela clausurou no salón nobre do pazo de Fonseca a súa liga de debate académico. Os dous equipos que chegaron á final, o Operación Nécora e o Trama Gürtel, debateron sobre o desenvolvemento económico e o coidado do medio natural. 

O premio que levou o equipo gañador, o equipo Operación Nécora, é de 200 euros. Así, esta liga de debate académico organizado polo Club de Debate Compostela chegou á súa fin. Dous equipos de universitarios enfrontáronse para debater sobre un tema de plena actualidade: "É compatible o desenvolvemento económico co coidado do medio ambiente?". O importante é non poñerse nerviosos e argumentar ben. 

Os debatentes teñen que defender e criticar, entre outros aspectos, modelos como a economía circular, a eficiencia das enerxías renovables, a desigualdade económica internacional ou os efectos da deslocalización das grandes empresas. As posturas asígnanse ao chou. E teñen modelos en que mirarse. O obxectivo desta competición é mellorar as habilidades para argumentar e razoar en público.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/11/2019