CRTVG

Buscar

Finaliza a edición máis atípica do Festival Internacional de Curtas de Verín

Publicado o 13/09/2020 10:53

En Verín finalizou con 39 proxeccións o Festival Internacional de Curta,  e cunha gala na que se premiaron pezas de Bélxica, Suecia, Canadá, España e unha montaxe realizada en Verín, que conseguiu o premio especial do público.
Esta foi unha edición diferente por mor do coronavirus. Houbo que estremar as precaucións e reducir aforos, pero aínda con todo isto os organizadores conseguiron sacalo adiante e con aforo completo en varias sesións.

Esta iniciativa leva celebrándose cinco anos, tratando de dinamizar a vida cultural na localidade non só a través do cine, senón tamén doutras actividades paralelas.

Noticias web

13/09/2020