CRTVG

Buscar

Finaliza a campaña máis curta e máis impredicible

Publicado o 08/11/2019 14:42

• Os principais partidos pechan este venres a campaña en Madrid e Barcelona

Os líderes dos cinco principais partidos que concorren aos comicios deste domingo pechan hoxe a campaña en Madrid e Barcelona. O presidente do Goberno en funcións estará nas dúas, xa que o PSOE contratou un avión privado para que poida acudir a senllos mitins en Alcalá e Barcelona. O líder do PP pechará a campaña na praza de touros das Ventas, arroupado pola presidenta madrileña e o alcalde da capital. O candidato de Ciudadanos optará polo Palacio de Congresos de Barcelona, xunto con Inés Arrimadas. Unidas Podemos pechará campaña en IFEMA, coa presenza de Iglesias, Montero e Colau. E Vox volverá optar pola madrileña praza de Colón.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/11/2019