Cinco galegos, entre os finalistas dos Premios Goya 2021
Publicado o 19/01/2021 09:30
Participación galega na gala dos 35 Premios Goya que terán lugar en Málaga o vindeiro 6 de marzo.
Cinco galegos na carreira dos Goya.
O filme de animación con participacion galega A galiña Turuleca ten xa o galardón asegurado ao ser o único candidato na súa categoría. Tamén as curtas galegas Homeless Home, 16 de decembro e Sólo peces optan a un Goya.
O galego Mario Casas opta ao Goya a actor protagista polo seu traballo no filme No matarás. A película favorita nesta edición dos Goya é Adú, proposta en 13 categorías, e ten entre os seus protagonistas a Luís Tosar.