CRTVG

Buscar

Final feliz para o rescate dunha muller que caeu nunha zona de difícil acceso en Ponteceso

Publicado o 29/05/2019 16:46

Final feliz para o rescate dunha muller que caeu nunha zona de difícil acceso no Monte Branco, en Ponteceso. Puido enviar a súa localización por teléfono e os axentes da Garda Civil da localidade lograron dar con ela. Ante a imposibilidade de regresar pola falta de luz e a perigosidade do terreo, un deles pasou a noite á intemperie coa muller ata que coa luz do día puideron volver.

Os axentes Rogelio e Iván, do posto da Garda Civil de Pontecesures, convertéronse en heroes sen querer. Rogelio aínda ten as mans e as pernas cheas de rabuñadas de abrirse paso entre a maleza para localizar a muller que o luns á noite caeu por unha zona de dificil acceso do Monte Branco cando paseaba co can. Ante a imposibilidade de regresar pola falta de luz e o perigoso do terreo, Rogelio tivo que pasar a noite ao raso canda a muller ata que puideron regresar coa primeira luz do dia.

As horas de sono, as rabuñadas e o cansazo din que pagaron a pena para que o rescate tivera ese final feliz.





 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/05/2019