CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Final de Recanteiros no 'Luar'

Publicado o 20/07/2017 21:50







O 'Luar' despide a temporada este venres. Pero antes, unha das seccións con máis seguidores, a dos Recanteiros, vai deixar un gañador ou gañadora na final que se agarda con máis emoción.


O Luar apura os ensaios para a despedida da temporada. E vaino facer cunha das finais máis agardadas, a que enfrontará os recanteiros de Terras de Compostela e Vigo. Ruth e Antonio, os dous finalistas deste espazo, chegan a este último programa satisfeitos polo simple feito de participar.


Máis difícil o teñen os membros do xurado, que deberán elixir entre un dos dous finalistas, nun Recanteiros cun gran nivel persoal e profesional.

Mañá o Luar vivirá esa gran final. Antonio ou Ruth, un dos dous será o gañador. Pero entre os vinte participantes desta edición dos Recanteiros sempre quedará esa experiencia que viviron durante dez meses.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

20/07/2017