Finais de xuño: Castela-A Mancha ponlle data á fin do uso da máscara en exteriores
O presidente de Castela-A Mancha, Emiliano García-Page, avanzou que o seu Goberno vai expoñer de forma inminente que se aborde a eliminación do uso obrigatorio da máscara en espazos abertos, algo que pretende que sexa efectivo antes de que acabe o mes de xuño.
Durante a súa intervención no acto institucional do Día de Castela-A Mancha, García-Page dixo que se trata, en todo caso, dun tema que quere afrontar "con coherencia nacional" e traslandando o asunto ao Goberno e ao resto das autonomías.
Todo iso para que sexa unha "decisión madura" que se tomará nas próximas semanas e antes de que faga un ano de que entrara en vigor o uso obrigatorio deste material sanitario.
Isto é posible, apuntou, "grazas a un proceso de vacinación enormemente positivo" que o fai ser "optimista". "O pobo español cumpriu, coa forma de ser que temos, pero cumpriu como poucos en Europa. Sinceramente, nas súas casas e fóra delas. E isto merece dedicarlles un recoñecemento", asegurou.