CRTVG

Buscar

Fina Casalderrey di que María Victoria Moreno merece a homenaxe

Publicado o 18/06/2017 14:16

María Victoria foi elixida onte pola súa valía literaria, por levar a literatura infantil máis aló do espírito aleccionador e didáctico

Despois de coñecerse onte que María Victoria Moreno será a homenaxeada no día das Letras Galegas de 2018 hoxe conversamos cunha das académicas que compartiu amizade con ela, querer polas nosas letras, afección pola escritura e tamén pola docencia. Fina Casalderrey sente que o recoñecemento que se lle fará a María Victoria está ben merecido.

María Victoria foi elixida onte pola súa valía literaria, por levar a literatura infantil máis aló do espírito aleccionador e didáctico, por encher as súas historias de valores e por converter os alumnos en lectores, narradores e poetas.

Galega de adopción aprendeulles a moitos autóctonos a apreciar a literatura que moitos descoñecían.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/06/2017