Fin de semanas con macrobotellóns e 55 arrestados en Madrid
A Policía despregou un dispositivo especial no Parque do Oeste de Madrid, onde se xuntaron centos de mozos na madrugada do sábado ao domingo. Os axentes incorporaron un helicóptero con cámara térmica que lles proporcinaba estas imaxes. Así controlaban os grupos e identificaban os que cometían algún delito.
Pasada a unha da madrugada houbo varios roubos, agresións e algúns mozos lanzaron botellas ao aire e a policía decidiu a intervención dos antidisturbios para calmar a situación. Os axentes acabaron cargando con botes de fume e disparos ao aire sen munición. O balance: 55 arrestados por desordes e roubo con violencia, nove feridos, dúas mozas atendidas por agresións sexuais e dez comas etílicos.
Tamén rematou con incidentes un botellón en Cartagena, en Murcia. Houbo agresións entre bandas con arma branca e catro persoas resultaron feridas, dúas están graves. A policía arrestou tres mozos, delincuentes habituais.
E Cataluña recuperaba esta fin de semana o ocio nocturno, coa reapertura das discotecas, algo que non evitou os botellóns. Repetíronse estas imaxes de celebración nas rúas, aínda que con menos participantes que nas fins de semana anteriores.