CRTVG

Buscar

17 persoas falecidas nas estradas na fin de semana, oito delas motoristas

Publicado o 13/05/2019 08:38

• O accidente máis grave ocorreu en Cieza, con dous mortos e seis feridos graves, tres deles menores

• En Galicia, un mozo de Vigo morreu tras caer da moto 

Un mozo de Vigo de 26 anos morreu este domingo despois de caer da moto nunha estrada que sobe cara ao monte Alba. Un veciño alertou o 112 do que pasaba, pero os serivzos de urxencias non puideron xa facer nada pola vida do rapaz.

Este motorista súmase aos outros sete que segundo a Dirección Xeral de Tráfico faleceron nas estradas españolas esta fin de semana. En total, segundo os datos da Benémerita, morreron quince persoas nas estradas españolas dende o venres ás tres da tarde e o domingo ás oito do serán.

O accidente máis grave foi en Cieza, Murcia. Morreron un rapaz de 14 anos e unha muller de 37, e ademais hai seis feridos graves, tres deles menores. Un turismo que estaba avariado a un lado da calzada foi arremetido por outro e despois un camión colidiu contra os dous coches.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/05/2019