CRTVG

Buscar

Fin de semana solleira nas Rías Baixas con temperaturas arredor dos trinta graos

Publicado o 06/09/2019 20:00

Nova xornada solleira nas Rías Baixas, onde as praias son a mellor vía de escape para a calor.O anticiclón chegou en setembro para quedar polo menos durante esta fin de semana nas Rías Baixas. Esta imaxe de seguro que se repetirá na meirande parte dos areais do sur de Galicia: praias cheas de bañistas e temperaturas arredor dos trinta graos. O domingo as temperaturas subirán un chisquiño, xa que o vento será mais frouxo e notaremos un ou dous graos máis. Iso si, o baño será para os valentes, xa que a auga, aquí en Samil, está a 15 graos.

Ao bo tempo, mellor cara... Ninguén se farta da calor deste verán que tardou en chegar. Malia a calor, poucos se atreven a meterse na auga, con temperaturas que non subirán dos quince graos en praias coma esta de Samil. Os mellores baños nestes casos son os de brisa na beira do mar.


A situación manterase estable toda a fin de semana, e xa o luns se notará unha lixeira baixada de temperaturas e un aumento da nubosidade en todas as rías baixas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/09/2019