CRTVG

Buscar

Fin de semana solleira e cálida en toda Galicia

Publicado o 23/02/2019 21:49

Un febreiro luminoso e cálido ten a toda Galicia nun agradable simulacro de primavera. Cos termómetros por riba dos vinte graos e cos ceos practicamente despexados custa pensar que aínda quede por diante un mes enteiro de inverno.

Seguro que nalgún momento volverán os días grises e fríos, pero ninguén pensa niso cos pés descalzos pisando a area da praia. A imaxe doa areais recorda á dun día calquera do verán. As máximas aínda subirán un pouco máis o domingo.

Seguiremos con tempo solleiro, pero non hai que despistarse. As temperaturas mínimas si son as propias desta época do ano. Mañá nalgúns puntos, como Ourense, a oscilación térmica podería chegar aos 20 graos.

Noticias web

23/02/2019