CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Fin de semana de sol e calor

Publicado o 14/09/2018 15:08
Entramos na penúltima fin de semana do verán e vai ser de tempo seco e calor. Pedro Rielo non cambia nada... As previsións meteorolóxicas indican que está garantido o tempo seco e ademais con boas temperaturas, mesmo calor. Serán máis altas o sábado que o domingo. Hai que ter en conta que estamos nas rabexadas do verán e haberá algún matiz. Por exemplo, na costa é posible a presenza de brétemas que poden entrar nas vilas máis próximas. A partir do domingo veremos nubes altas pero, xa saben, que deixan traspasar as raiolas do sol. As condicións atmosféricas nesta fin de verán en Galicia agradécense sobre todo para a actividade ao aire libre e sorprenden visitantes e autóctonos. "Fenomenal, non o esperaba. Estupendo pola boa temperatura diúrna que, despois, pola noite refresca e pódese durmir tranquilamente. Estupendo". "O tempo é cojonudo. Isto parece Andalucía; unha caloriña moi boa. Polo menos ata agora estase portando ben". "Este tempo que me acompañou é fenomenal. Encántame, porque agora chego á casa e aínda podo ir á praia".
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí