A fin de semana mais festeira do ano marcada aínda pola pandemia
Salto atrás no tempo para recrear a Idade Media en Mondoñedo. É unha forma de enaltecer o pasado e recuperar unha feira que este ano alcanza a vixésimo novena edición, logo da suspensión no 2020 pola pandemia.
Na fin de semana máis festiva do ano en Galicia, Buño recupera a súa cita coa olería, que desta volta pon en valor o traballo das mulleres.
En Ordes apostaron hai xa catorce anos por sacar a arte á rúa e xa contan con máis de oitenta murais que adornan as fachadas das casas. Este festival de Desordes Creativas volveu pór ao servizo dos artistas as rúas da vila.
Tamén a arte do cómic elexiu esta fin de semana para despedir en varios escenarios da Coruña o 24 salón internacional Viñetas desde o Atlántico.
Citas con soleira que se concentran nesta fin de semana de festas.