CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Fin de semana con tempo solleiro

Publicado o 06/10/2017 15:10

Insólito outono o que vivimos estes días en Galicia, pero ollo co contraste de temperaturas. As mañás e as noites serán frescas, pero tranquilos que o sábado e o domingo serán días soleados e de calor. 

De momento librámonos das nubes e das néboas destes días. A fin de semana preséntase despexada, lucindo o sol máis cara o mediodía. A amplitude térmica deixará temperaturas máximas e mínimas con moita diferenza.

En Curtis, por exemplo, amencerán con 9 graos e acadarán os 24. En Monforte os 10 graos da mañá deixarán un día soleado con 28 e en Lalín tamén a mañá será fresca pero poderán superar os 27 graos ao longo do día. En Ourense capital temperaturas de verán, que chegarán aos 31.

No paseo é outono e na praia volve ser verán, e hai que aproveitar calquera día de sol. Esta é a filosofía de moitos dos usuarios da gran praia viguesa. Tras as néboas dos días pasados, moitos non trouxeron hoxe o bañador, pero non van soltalo nos vindeiros días.

O bo tempo poderíase prolongar ata mediados da semana que vén. En Samil aínda quedan turistas, algúns deles portugueses gozando da ponte do día da República. A auga está boa, e o sol quenta ben. Son días agradables para se bañar, correr, pasear cos cans ou mesmo rebuscar entre as rochas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí