CRTVG

Buscar

Fin de semana con tempo anticiclónico, pero moi lonxe das temperaturas altas do resto de España

Publicado o 28/06/2019 13:57

Últimas nubes como proba da inestabilidade da xornada pasada. Hoxe, o sol imponse en toda a comunidade e dá a benvida a un anticiclón que chega para quedar a fin de semana.

Esta situación pon Galicia como lugar privilexiado para as vindeiras xornadas, xa que gozará de estabilidade e ao mesmo tempo librarémonos da onda de calor que afecta boa parte de Europa.

Agradable está sendo tamén a estancia daqueles que visitan a comunidade estes días.

Para a semana que vén, podería volver algún día de inestabilidade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/06/2019