CRTVG

Buscar

Fin a catro días de folk e festa en Ortigueira

Publicado o 16/07/2017 20:57

A vixésimo terceira edición do Festival Internacional do Mundo Celta en Ortigueira chega este domingo á súa derradeira xornada

Remata o festival de Ortigueira despois de catro días de intensa actividade cultural, nos que a localidade multiplicou por dez a súa poboación para acoller arredor de 70.000 festivaleiros.

Este ano a novidade musical foi a actuación do grupo xaponés Koji Koji Moheji, un dos tres finalistas do proxecto Runas, e sen dúbida unha das grandes sensacións do festival.

Tradición e innovación cóllense da man no mundo celta para mellorar a experiencia de todos os asistentes, aínda que non soamente no musical. Álvaro Orizales, alumno do IES de Ortigueira creou unha aplicación móbil para todos aqueles que visitaron a vila nestas datas.

Durante estes días houbo quen descubriu unha nova experiencia e quen xa está a pensar no que virá para o ano.

Un ano máis despídese Ortigueira da súa cita máis agardada, onde cada vez máis xente acode á chamada da música celta.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/07/2017