CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Filtraron os nosos datos persoais á internet: como nos defendemos?

Publicado o 21/08/2015 21:31

A filtración dos datos da web de citas para casados Ashley Madison volve poñer de actualidade o asunto da seguridade. As empresas que xestionan estes datos teñen a obriga de protexelos, pero impedir que unha páxina sexa 'hackeada' é case imposible. A cuestión é: como nos defendemos no caso de que isto pase?

Cada vez que navegamos na internet deixamos o noso rastro e din os expertos que a seguridade total non existe. A última filtración masiva de nomes, direccións, mails e ata contas bancarias aféctalle a Ashley Madison, unha web de citas para casados infieis que ten na confidencialidade unha das súas razóns de ser. En España a Lei de Protección de Datos establece o procedemento para defendernos. Nun caso similar acudiríamos á Axencia de Protección de Datos, encargada de abrir un expediente que pode ser sancionador.

"Require a empresa que tratou os datos a xustificación dos motivos polos que estes datos pasaron a estar fora dos sistemas de seguridade porque a lei esixe que todos os datos que temos dos nosos clientes teñen que estar custodiados coas suficientes medidas técnicas e organizativas que impidan o filtrado dos datos", di unha experta.

No caso de Ashley Madison os usuarios aceptan unha clausula que exime de toda responsabilidade á empresa no caso de que se filtren eses datos, unha clasula de legalidade dudosa.

"A páxina web puxo un aviso legal favorable para eles pero na miña opinión é relativo porque as obrigas da lei existen da mesma forma", asegura.

O de Ashley Madison non será probablemente o último caso de filtración de datos confidenciais se temos en conta que un estudo da empresa IBM di que o 60% das aplicacións de contactos son vulnerables a ciberataques.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

21/08/2015