CRTVG

Buscar

Filtran un audio de Bergantiños sobre o partido co Fuenlabrada

Publicado o 04/08/2020 22:26

• Pídelles aos compañeiros que regresen para o partido, que cualifica de "paripé"

• Confesa que ve no descenso administrativo do Fuenlabrada a única opción

• O Fuenlabrada presentou o audio ante a fiscalía e acusa a Bergantiños

Un xogador do Deportivo filtrou unha nota de audio de Álex Bergantiños á Cadena Cope. Ese audio é bastante comprometedor. No audio, o capitán diríxese aos seus compañeiros e pídelles que volvan para xogar o partido contra o Fuenlabrada, que cualifica de "paripé". Confesa que, despois de falar co presidente e co avogado do club, ve como única opción de salvar a categoría o descenso administrativo do Fuenlabrada.

Pola súa banda, o equipo madrileño quérese aproveitar e xa anunciou que vai presentar este audio ante a Fiscalía para que investiguen a Bergantiños por pretender amañar o partido.

Noticias web

04/08/2020