CRTVG

Buscar

Bos días

Filtran ilegalmente na internet o novo disco de Madonna

Publicado o 04/02/2015 09:45

Hai unhas horas apareceu colgado na internet, por completo e de xeito ilegal, o novo disco de Madonna.

O lanzamento oficial de 'Rebel Heart' estaba previsto para dentro dun mes, pero a diva do pop vai ter que cambiar os plans por culpa dos piratas informáticos. Xa levaban días aparecendo fragamentos de temas, pero agora apareceu enteira a edición de luxo.

Madonna declaraba daquela que se sentía 'violada artisticamente' e cualificaba a filtración de 'terrorismo'. De feito, o FBI púxose a investigar o asunto e detiveron unha persoa en Israel.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

04/02/2015