CRTVG

Buscar

Filomena deixa este domingo máis de 700 estradas afectadas, 171 están cortadas ao tráfico

Publicado o 10/01/2021 15:37

Seguimento das incidencias que o temporal Filomena está a deixar na reunión do Comité Estatal de Coordinación e Dirección do Sistema Nacional de Protección Civil, presidida por Pedro Sánchez. Xunto a el, o Ministro do Interior Grande-Marlaska e o Ministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana José Luis Ábalos. Por videoconferencia recibiron información detallada da situación.

As nevaradas que deixa Filomena seguen a complicar este domingo a circulación. Son algo mais de 700 as estradas afectadas. Cortadas ao tráfico están uhas 171, tres delas da rede principal, en Xirona, Toledo e Badaxoz. As Comunidades máis afectadas son precisamente Cataluña, Aragón e a Comunidade Valenciana.

Neste domingo hai alerta de nivel vermello por nevaradas en Teruel e de nivel laranxa tamén en Teruel, Zaragoza, Tarragona e Castellón. Insisten no Goberno en que traballan para garantir os traslados das vacinas ante "unha situación excepcional".

E tras Filomena, advirten, chega un vaga de frío extremo con temperaturas de ata os -10 graos.

Noticias web

10/01/2021