CRTVG

Buscar

Dous falecidos en Málaga ao ser arrastrado o seu coche pola corrente

Publicado o 09/01/2021 13:23

A masa de frío polar fixo caer os termómetros e provocou esta nevarada histórica que afecta a media España, pero a borrasca Filomena segue causando problemas no sur do país. Hai dous mortos que faleceron logo de que a corrente arrastrase o coche en que viaxaban.

Nas últimas horas, en varios puntos da provincia de Málaga, caeron mais de 200 litros por metro cadrado. En Estepona, os bombeiros rescataron un home atrapado no interior do seu coche, que fora arrastrado pola corrente preto dun río.

Os bombeiros tiveron que empregar un guindastre para que un dos membros do equipo descendese ata o coche e sacase o condutor.

Noticias web

09/01/2021