CRTVG

Buscar

O rei Filipe VI afirma que Galicia é un referente das exportacións españolas

Publicado o 17/07/2017 21:00

Anima as nosas empresas a non perder a identidade que as fortalece, segundo Filipe VI, no mercado internacional

Despois de recibir a medalla de ouro do Círculo de Empresarios de Galicia, Filipe VI destacou que a industria galega soubo aproveitar a súa situación xeoestratéxica e cualificouna de referente no proceso de internacionalización da economía española para afrontar a crise.

O Rei pediulles aos empresarios que non perdan as raíces que fortalecen, dixo, no mercado exterior sectores como a conserva, a madeira, a automoción ou o téxtil.

O monarca, que defendeu a necesidade de captar talentos novos, tamén destacou o esforzo de Galicia en I+D tras visitar no Porriño o centro Aimen, líder en España en tecnoloxía láser.Filipe VI interesouse alí por tres prototipos en que están traballando, dous de soldadura e un robot para recuperación de afectados por dano cerebral.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/07/2017