CRTVG

Buscar

Filipe VI visita no hospital o seu pai que xa está sendo operado

Publicado o 24/08/2019 14:39

Moi pendentes da operación a corazón aberto á que está a ser sometido o Rei emérito ...
Ata a Clínica Quirón, de Pozuelo de Alarcón, en Madrid acudían este mediodía o rei Filipe VI e a raíña Sofía. Ao descenderen do coche saudaron os xornalistas e ante as súas preguntas aseguraron que "aínda non sabían nada", que "acababan de chegar". O rei Filipe engadía que a operación aínda "estaba en marcha". Os medios de comunicación esperan ás portas da clínica o parte médico que se ofrecerá ao remate da operación. Polo momento, descoñécense os detalles da intervención cirúrxica. Algunhas informacións falan da implantación de entre un e tres bypass. Esta operación estaba programada, segundo A Zarzuela, desde o mes de xuño. O rei Xoán Carlos podería permanecer ingresado uns dez días.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/08/2019