CRTVG

Buscar

Filipe VI transmítelle ao presidente Macri o apoio español "en momentos difíciles"

Publicado o 26/03/2019 21:37

Despois da cerimonia oficial de benvida aos reis na Casa Rosada, Filipe VI reuniuse con autoridades da Cámara de Senadores e Deputados no Congreso Nacional e, posteriormente, co presidente da Corte Suprema.

É a primeira visita de estado española en máis de 30 anos o e serviu como unha mostra de apoio ao proceso de apertura e reforma impulsado polo país austral. Así o transmitiu o monarca durante a cea de gala que lle ofreceron os anfitrións ante más de 400 convidados.

"España apostou sempre pola Arxentina, incluso nas conxunturas máis difíciles, e vai seguir facéndoo".

Pola súa banda, Macri dixo que os mellores socios dos arxentinos son os españois, primeiros investidores europeos no país e segundos a nivel mundial do mundo.

Precisamente, nesta segunda xornada da súa visita de estado á Arxentina, Filipe VI reunirase con empresarios arxentinos e españois para falar de oportunidades de negocio entre ambos países e tamén ten previsto un encontro con representantes da colectividade española, a máis numerosa do exterior, con preto de medio millón de persoas residindo no país austral, na súa maioría galegos.


 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/03/2019