CRTVG

Buscar

Filipe VI salienta o papel dos concellos na vertebración de España ao recibir a máxima distinción da FEMP

Publicado o 03/07/2019 22:41

O Rei reivindica os concellos como "escolas da democracia e convivencia". Filipe VI destacou a contribución decisiva dos municipios na vertebración de España e pediu ademais sentirse orgullosos da tarefa dos gobernos locais.

Foi nun acto en que o monarca recibiu o Bastón de Mando e a Chave de Ouro do Municipalismo, que é a máxima distinción que concede a Federación Española de Municipios e Provincias. A concesión deste galardón que recibiu de mans de Abel Caballero, presidente da FEMP, enmárcase nos actos conmemorativos dos corenta anos das primeiras eleccións municipais da democracia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/07/2019