CRTVG

Buscar

Filipe VI reivindica a memoria das vítimas do terrorismo

Publicado o 11/03/2020 21:07

As medidas de prevención para frear o avance do coronavirus marcaron o encontro entre os Reis e o presidente francés, Emmanuel Macron. Un xesto de desculpa coas mans e bicos lanzados ao aire, ese foi o saúdo que se repetiu con todas autoridades que asistiron ao acto de conmemoración do Día Europeo das Vítimas do Terrorismo. Un acto que se celebra o 11 de marzo en lembranza dos atentados de Madrid de 2004.

O rei Filipe VI defendeu que a memoria das vítimas é un acto de respecto, un exercicio de xustiza necesario e unha esixencia moral". Nun escenario coa Torre Eiffel como telón de fondo, e a poucos metros de onde se asinou a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, o presidente francés puxo en valor a colaboración en materia antirerrorista de Francia e España e afirmou que as ameazas terroristas non farán renunciar nunca á liberdade.

O rei Filipe VI expresou o seu desexo de que Madrid acolla o ano que vén os actos europeos de commemoración contra o terrorismo.

 

Noticias web

11/03/2020