Filipe VI recibe os premiados no concurso 'Que é un Rei para ti?', entre os que está unha rapaza galega
Son 20 rapaces de toda España, de oito a 13 anos. Son os premiados na última edición do concurso Que é un Rei para ti?, e esta mañá foron recibidos por Filipe VI no Palacio do Pardo. Como bos representantes da xeración Z, as novas tecnoloxías están presentes en moitos dos seus traballos, con vídeos que mesturan as imaxes reais coa animación.
TOT "Un vídeo que explica o día a día do Rei con debuxos animados". "Pois o proxecto que fixen foi o móbil do Rei, e ábrese e son como todas as aplicacións que ten o Rei".
Filipe VI explicoulles aos premiados que o seu traballo consiste en representar a España, pero tamén en escoitar moito para aprender.
TOT "Así que hai que saber, hai que coñecer, hai que aprender... Eu paso o día aprendendo. Mesmo hoxe escoitándovos a vós e sabendo un pouco como orientastes o traballo, aprendín".
Entre os premiados está a rapaza galega Marta Villar Rodríguez, do CEIP da localidade ourensá de Castrelo de Miño.