Filipe VI recibe a chave de ouro dos municipios españois
Publicado o 03/07/2019 13:35
O rei Filipe VI recibiu hoxe a chave de ouro e o bastón de mando do municipalismo, distinción que concede a Federación Española de Municipios e Provincias. Este recoñecemento, aseguran dende a Federación, enmárcase dentro da celebración das primeiras eleccións municipais tras a Constitución de 1978. O Rei destacou os municipios como escolas de democracia, convivencia e respecto á pluralidade política. Apelou aos concellos a ter sensibilidade local e visión global.