CRTVG

Buscar

Filipe VI felicita a San Vicente de Cerponzóns polos seus 1.000 anos de historia

Publicado o 04/04/2019 17:51

Xa no 1019, Afonso V fixo referencia nun documento a esta parroquia que daquela chamaban 'Serpentiones'. Así que hai datos que avalan este aniversario. Por iso, a asociación de veciños O Chedeiro quixo celebrar a data cunha felicitación rexia e mandaron unha carta ao pazo da Zarzuela. Coa carta conseguiron que Filipe VI enviase unha felicitación por estes mil anos de existencia.

Aquí poden presumir tamén de patrimonio, coma a vella ponte Malvar, do século XVIII, o camiño real ou retablo do cruceiro do lugar da Balea.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/04/2019