CRTVG

Buscar

Filipe VI e Sánchez manterán o despacho o día 7 en Marivent

Publicado o 02/08/2019 12:01
Filipe VI e Sánchez manterán o despacho o día 7 en Marivent

O rei Filipe VI e o presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, manterán o próximo mércores, día 7, o tradicional despacho de verán no palacio de Marivent para repasar os principais asuntos de actualidade, segundo informou a Casa Real.

A reunión entre o rei e Sánchez terá lugar nun contexo marcado polo bloqueo político tras o intento de investidura da semana pasada do líder do PSOE.

Ao día seguinte de que o Congreso rechazara investir a Sánchez, Filipe VI acorodou non iniciar "polo momento" novas consutas cos partidos e darlles tempo para constatar se máis adiante é posible propoñer un candidato que conte cos apoios necesarios.

Se iso non ocorre antes do 23 de setembro, dous meses despois da primeira votación de investidura, convocaríanse novas eleccións o 10 de novembro.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí