Filipe VI e dona Letizia ven a don Xoán Carlos "moi animado"
Numerosos xornalistas continuaban na tarde do domingo a facer garda fronte á clínica Quirón. O rei Filipe VI e a raíña Letizia chegaban pasadas as 6 e 15 da tarde. O monarca conducía o seu propio coche e á entrada falaba pouco cos xornalistas, remitíase ao parte médico da mañá e recalcaba que todo ía ben na evolución do estado de saúde de don Xoán Carlos. Ás portas do hospital eran recibidos pola xerente do centro, Lucía Alonso, a encargada de dar o parte médico.
Ás sete da tarde saía, tras permanecer seis horas no hospital, acompañada por outros familiares, dona Sofía, que se amosaba moi satisfeita co estado de saúde de don Xoán Carlos. Dicía, literalmente, que "está moi ben, tranquilísimo e que mesmo facía bromas...". "Está estupendamente. Non se nota que fose operado. Comeu. Sentou na cadeira e todo vai normal".
Pouco despois remataban a visita os reis. Don Filipe aseguraba que o seu pai Xoán Carlos "está moi animado" e dona Letizia dicía que está a ser "moi valente". "Está ben, coas lóxicas molestias e dentro do previsible". "Está moi ben e é moi valente. Estivemos falando os tres. Durmiu moi tranquilo. Está moi animado e cando estea en planta recibirá máis visitas ca na UCI".
Cando pase á planta recibirá a visita das infantas Helena e Cristina, tamén o visitarán a princesa Leonor e a infanta Sofía. O luns ás doce da mañá coñeceremos un novo parte médico.