CRTVG

Buscar

Filipe VI di que "todo o que xera o Camiño" axudará a superar esta crise

Publicado o 12/07/2021 15:37

O rei Filipe VI viaxou xunto coa raíña a Navarra, onde presidiu o acto conmemorativo do Ano Santo 21-22. Como fixeran en Santiago no anterior xacobeo, hoxe os Reis percorreron a pé un treito do Camiño polo monte ata Roncesvales.

Neste acto participan o presidente da Xunta Núñez Feijóo e o resto de presidentes e conselleiros das comunidades autónomas por onde pasan os Camiños Francés e do Norte. O mandatario galego aproveitou este encontro para convidar a todos a visitar Galicia neste Ano Santo dobre, nun acto en que se reivindicou a vixencia dos valores dos Camiños de Santiago.

Filipe VI dixo tamén que a ruta é un símbolo da necesaria e fructífera colaboración institucional na pomoción deste importantísimo ben cultural, natural e espiritual. O rei afirmou que os valores axudarán a superar a crise que deixa a pandemia.

Filipe VI, como embaixador de honra da ruta xacobea, comprometeu o seu apoio á difusión dos valores dos camiños a Santiago, máis necesarios e vixentes ca nunca.

Hai tres décadas que este acto en Roncesvales marca o inicio do Ano Santo, aínda que desta volta se adiou ata xullo pola pandemia. No seu discurso, Alberto Núñez Feijóo reiterou o esforzo da Xunta por facer deste dobre Xacobeo o mellor da historia.

Noticias web

12/07/2021