CRTVG

Buscar

Filipe VI conmemora no Palacio Real os cinco primeiros anos de reinado

Publicado o 19/06/2019 08:07
Filipe VI conmemora no Palacio Real os cinco primeiros anos de reinado

Hoxe fai cinco anos da proclamación de Felipe VI polas Cortes, tras a abdicación de seu pai, Juan Carlos I.

Os reis Filipe e Letizia, acompañados da princesa Leonor e da infanta Sofía, conmemorarán o seu lustro de reinado cun acto no Palacio Real en que condecorarán corenta e unha persoas das dezasete comunidades autonómas. A máis nova ten 19 anos de idade e a maior é unha muller de 107 e están consideradas como un exemplo da sociedade civil.

Acompañarán os Reis o presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, e o ministro de Asuntos Exteriores en funcións, Josep Borrell.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/06/2019