CRTVG

Buscar

Filipe VI chega a Panamá para asistir á toma de posesión de Laurentino Cortizo

Publicado o 30/06/2019 12:16

 

O rei de España asistirá á cerimonia na que o oriúndo galego Laurentino Cortizo tomará posesión como presidente de Panamá de mans do seu predecesor no cargo, Juan Carlos Varela. A axenda do monarca incluirá varios actos con motivo do quinto centenario da fundación da cidade de Panamá, que se cumprirán o 15 de agosto.

Filipe VI, a quen acompaña o ministro de Exteriores Josep Borrell, foi recibido no aeroporto internacional de Tocumen pola vicepresidenta panameña, Isabel de Saint Malo, e outras autoridades.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/06/2019