CRTVG

Buscar

Filipe VI celebra en Galicia o Día Internacional dos Bosques

Publicado o 20/03/2019 19:11

O Rei estivo hoxe en Galicia para celebrar o Día Internacional dos Bosques. No Centro de Experimentación Agroforestal de Sergude, en Boqueixón, puido ver de preto como se consegue un mellor aproveitamento dos montes galegos.

Podas en alturas ou procesadoras para desmestar os bosques e conseguir que as árbores medren mellor, e así obter madeira de máis calidade ao tempo que nos axudan a protexernos contra o quecemento do planeta. Son traballos de silvicultura que aprenden os alumnos deste centro e que este mércores coñececeu Filipe VI. O Rei asistiu tamén ás charlas organizadas pola asociación Juntos por los Bosques, a encargada de organizar a celebración deste día, que este ano se centrou na educación.

O Rei, canda o presidente da Xunta e o ministro de Agricultura, deu un paseo de 20 minutos polas instalacións de Sergude. Galicia foi escollida para esta efeméride pola súa riqueza forestal grazas, segundo os organizadores, ao esforzo que leva realizado dende hai décadas para recuperar os seus bosques.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/03/2019