CRTVG

Buscar

Filipe VI asiste no Uruguai á remuda na presidencia daquel país

Publicado o 29/02/2020 12:51

O rei Filipe VI participará nos actos de toma de posesión do presidente do Uruguai, Luis Lacalle, que se celebran este domingo primeiro de marzo. Durante a súa visita ao país suramericano, o monarca -a quen acompaña a ministra de Asuntos Exteriores- manterá senllas reunións co novo mandatario e tamén co xefe de Estado saínte, Tabaré Vázquez, así como encontros cos presidentes de Colombia, Iván Duque e de Chile, Sebastián Piñera.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/02/2020