Filipe Luis confía na reacción do Deportivo
Publicado o 31/12/2019 16:21
O vestiario recibiu unha visita moi especial, a de Filipe Luis. O brasileiro, de vacacións co Flamengo, e con familia na Coruña, vai pasar estas festas de Nadal na cidade e aproveitou esta xornada para estar cos xogadores.
Filipe Luis recoñece que a situación do equipo é moi delicada, pero confía na reacción do Deportivo.